Ernesto Ekaizer

ernesto_ekaizer

Aínda que os partidos políticos teñen o atrevemento de falar de pleno emprego é certo que este concepto básico cedeu paso a outro concepto: a plena empregabilidade. O paro débese, en gran parte, á responsabilidade individual, é o resultado de opcións individuais deficientes. Se a política pode facer algo, é a través da mellora das características do traballador e a reforma para aumentar o interese da empresa. Como diría Ortega, “non é isto, non é isto” o Pleno Emprego.

 

Licenciado en Economía pola Universidade de Bos Aires, Ernesto Ekaizer é xornalista profesional desde 1968. Afincado en Madrid, posúe unha dilatada e prestixiosa traxectoria como xornalista: director do diario económico Cinco Días, columnista da revista Cambio 16, redactor xefe do diario barcelonés La Vanguardia en Madrid. Foi tamén correspondente económico e máis tarde adxunto á dirección do diario El País e editor executivo de Público. Actualmente escribe en El País.

Colabora asiduamente en programas sobre actualidade política en varios medios de comunicación, como Espejo Público (Antena 3) e Al Rojo Vivo (La Sexta), Cadena Ser (Pepa Bueno), Rac 1 (Toni Clapés) e Radio del Principado de Asturias (RPA).

En 2000 obtivo o Premio Ortega Gasset polo seu traballo de investigación sobre o caso Pinochet.

É autor de varios libros: José María Ruiz Mateos, el último magnate (1985), Banqueros de rapiña (1994), Vendetta (1996), El farol (1997), Yo, Augusto (2003), Guerra y castigo (2004), Indecentes. Crónica de un atraco perfecto (2012) e o último, El caso Bárcenas (2013).

Advertisements